Business Factory Aero – BFAero é unha aceleradora de carácter vertical xurdida no contexto do programa Civil UAVs Initiative, da Xunta de Galicia, que busca promover o desenvolvemento de empresas innovadoras do sector aeronáutico galego. Conta co respaldo de dúas empresas líderes no sector e con proxección internacional, Indra e Babcock, pero está aberta a todas as institucións e empresas con interese en consolidar neste ámbito un ecosistema de innovación aberta.

Bases da convocatoria

FAQs
Icono diseño y producción
Deseño e produción

Deseño e produción de UAVs (vehículos aéreos non tripulados, polas súas siglas en inglés) e USVs (vehículos de superficie non tripulados, polas súas siglas en inglés), incluíndo as plataformas mecánicas e as tecnoloxías asociadas de aviónica e navais.

Icono aeronavegabilidad y navegabilidad
Aeronavegabilidade / navegabilidade

Operacións, mantemento e xestión da aeronavegabilidade / navegabilidade de flotas de vehículos non tripulados.

Icono automatización
Automatización

Sistemas para a automatización de operacións de aeronavegabilidade / navegabilidade de vehículos non tripulados.

Icono datos e información
Datos e información

Captura, procesamento e explotación de datos obtidos a través de vehículos non tripulados.

Icono fabricación
Fabricación

Materiais e procesos industriais para a fabricación de estruturas e compoñentes do sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados.

Icono cargas de pago y sistemas
Cargas de pago e sistemas

Deseño, produción e integración de cargas de pago e sistemas embarcados en vehículos non tripulados.

Icono Medios formativos
Medios formativos

Plataformas, ferramentas ou dispositivos para a formación de pilotos e mecánicos certificados de vehículos non tripulados.

Icono terminación de vuelo
Terminación de voo

Sistemas de terminación de voo en operacións fóra de liña de vista para vehículos aéreos non tripulados de uso profesional.

Icono seguridad
Seguridade

Sistemas para a neutralización de drons, sistemas de seguridade aplicados ás comunicacións de vehículos non tripulados, e ciberseguridad no ámbito dos UAVs e dos USVs.

Icono tecnologías habilitadoras
Tecnoloxías habilitadoras

Aplicación ao sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados de tecnoloxías habilitadoras transversais tales como blockchain, internet das cousas (IoT), intelixencia artificial, realidade virtual e aumentada, simulación ou captura e procesamento de imaxe.

QUE OFRECEMOS

INCUBACIÓN

Programa de apoio estruturado en dúas fases de 12 meses cada unha, cunha avaliación intermedia, pensado para startups, spin-offs e spin-outs que podan achegar solucións nas áreas temáticas definidas e centrado en conseguir que os proxectos podan validar co mercado as súas propostas de valor e os seus modelos de negocio e situarse en posición de realizar primeiras vendas no sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados.

ACELERACIÓN

Programa de apoio de 12 meses de duración orientado a empresas de creación recente, con modelos de negocio probados e vendas realizadas no mercado aeronáutico e dos vehículos non tripulados, que teñan propostas que encaixen coas áreas temáticas establecidas e busquen conseguir modelos de negocio consolidades e recorrentes.

CALENDARIO DO PROGRAMA

Calendario del programa

INSTALACIÓNS

FUNDACIÓN CEL INICIATIVAS POR LUGO

Lugo


43°00'12.2"N 7°34'06.4"W


Oficinas, salas de reunións, coworking.

AERÓDROMO DE ROZAS

Lugo


43°07'04.7"N 7°27'55.5"W


Instalacións e boxes de traballo.

POR QUE BFAero

Co horizonte de ser a aceleradora de referencia no eido da aeronáutica e os vehículos non tripulados, BFAero conta coa implicación de empresas líderes no sector como Indra e Babcock, e o respaldo da Xunta de Galicia no marco da Civil UAVs Initiative. Proporciona aos proxectos participantes o seguinte:

Salida Comercial
Saída Comercial

Entrada na cadea de valor do sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados.

Tutorización
Titorización

Titores do sector (Indra e Babcock) e apoio permanente.

Formación
Formación

Plans adaptados ás necesidades de cada proxecto.

Instalaciones y medios
Instalacións e medios

Acceso a plataformas mecánicas (MRI e Targus, de Indra, e LUA, de Babcock), medios técnicos (banco de motores de CTAG e outros equipamentos da Civil UAVs Initiative) e instalacións no Aeródromo de Rozas.

Formación de pilotos
Formación de pilotos

Horas de voo e licencias para pilotos de UAVs.

Espacio
Espazo

Oficina propia, salas de reunións e coworking no viveiro de empresas da Fundación CEl Iniciativas por Lugo.

Financiación
Financiamento

Ata 100.000 € a fondo perdido en incubación e ata 50.000 € en aceleración, créditos participativos e acordos con terceiros.

Ciclo Completo
Ciclo Completo

Apoio dende a fase de ideación ata a de consolidación do modelo de negocio, a través dun programa de incubación de 24 meses e outro de aceleración de 12 meses.

Networking
Networking

Establecemento e consolidación de relacións con todos os axentes do ecosistema.

IMPACTO

BFAero é un proxecto colaborativo que responde á vontade da Xunta de Galicia de potenciar un sector con alto potencial, o aeronáutico e dos vehículos non tripulados, así como a colaboración de empresas líderes nese ámbito e cunha forte implicación, Indra e Babcock. Os impactos esperados son os seguintes:


Mapa Galicia